Fai algúns anos, unha
parella de galegos foise a vivir a África. Ela era enfermeira, e pasaba moito
tempo coidando aos enfermos de ébola. Un día, por un descoido, contaxiouse e,
logo duns días de moito sufrimento, morreu.
El leváballe flores ao cemiterio
tódalas semanas, e sorprendíase que naquel país ese costume non era o habitual.
Os nativos daquel lugar ofrecíanlle aos seus finados uns platiños con comida.
Un pouco de carne, pedaciños de froita, arroz, papaia…
Un día, o europeo
acercouse a unha destas persoas que visitaba unha tumba próxima á da súa
parella, e preguntoulle por que facía tal cousa. ¿E que non se decataba de que
o finado nunca ía a saír a probar a comida?
E o africano
respondeulle: “O meu familiar sae a comer o que eu lle deixo cando o teu sae a
ulir as flores que ti lle traes.”
Benno von Archimboldi: “Alimentos
para el espíritu”
No hay comentarios:
Publicar un comentario