“--¡Pero
eu si que estuven, “broder”! –anunciou Suso--. Cando andaba ó espada.
--¡Bueno,
bueno, bueno...! –Exclamou Carlos, case relambéndose--. ¿En que porto foi iso?
¿Non sería en Valvis?
--¡Alí
mesmo!
--Xa,
ó espada... ¿E desde cando van os barcos do espada a Valvis? ¡Aló namais que
van barcos da merlusa! ¡Trampón!
--¿¡Como
é !? ¿Trampón de que? ¡Me cagho na cona que te botou!... Pescabamos daquela en
Chile e entramos en Valvis para faser víveres. ¿Váleche así? –defendeuse un
encolerizado Suso.
--¿Que
carallo iades entrar en Valvis, se Chile está no Pasífico, apampanao? ¡Valvis
está no Atlántico!
--¡Non
tal !
--¡Si
tal !
--¿Logho,
Chile non é o Atlántico?
--¡Non
é, non!
--Pois
nós pescabamos por Chile e máis por Dakar e Abellán e houbo un día que entramos
en Valvis.
--Pero,
vamos a ver, compañeiro... ¡Que barbarismos dis! –faloulle Carlos, armándose de
paciencia--. Por aquelas terras, ¿a xente era branca ou era neghra?
--Era
neghra toda.
--Pois,
daquela, non estabades pescando en Chile, que estabades pescando en África.
--En
Chile, logho, ¿non son neghros?
--En
Chile non son neghros –contestoulle, deixando escapar un bufido--. Aquilo tiña
que ser África.
--Pois
sería... ¡Pero eu estuven en Valvis!
--Sempre
pensei que eras un trampón e un mentireiro, pero aghora doume conta que o único
que tes é inoransia.
--¡¡¡Pa
chamarme a min inorante tiñas tempo, eh!!! –berrou irado o de Aguiño--. Non sei
se aquilo era Atlántico ou Pasífico, se era Chile ou era A China ou a cona da
Virxe... Pero o sitio no que eu desembarquín chamábano Valvis e había neghros
coma a brosa.
--Non
creo nada, pero bueno, dálle avante. Se namais que íades faser víveres... ¿como
foi que acabaches na cadea?
--¡Iso
si que tuvo ghrasia! ¡Mi madriña do Carme!
–contestoulle sen poder evitar unha gargallada--. De tres noites que botín en
terra, unha pasina no cársere e outra pasina no hospital. ¡Mi madriña do Carme!
--¡Xa
vai larghar unha das súas! –dixo Carlos, levándose as mans á cabeza.
--Namais
cheghar, veu a bordo unha inspesión de neghros das aduanas pa faser o rexistro
e, a pesar que truemos todo o prohibido pó sello, levantaron a colchoneta do
meu catre e...
--¡Un
quilo de farlopa! –berrou Carlos.
--¡Eu
non tomo droghas, anormal!... Encontraronme a PLAY BOY.
--¿Vasme
disir que te mandaron á cadea por unha revista de putas?
--Por
unha revista... e outro calendario que tiña na carteira cunha porca en tetas.
Alí todo iso do sexo está prohibidísimo. O Costa espicoteou en inghlés con eles para mirar se me deixaban, pero
claro, como non lles arriou cartos... metéronme nunha furghoneta que tiña unha
xaula na popa, como se fora Copito de Nieve, e leváronme con eles. Alí, na
cadea –que eu pensín xa que me levaban pó soológhico--, incautáronme o material
e paghín unha multa de sen dólares. Eu caghinme na virxe porque, á parte da
multa, ata o día seghinte non puido vir o Costa a buscarme. Así pasín a
primeira noite, preso, sen baixar nin sequera a terra.
--¿Pero
non eras ti o que non nesesitaba das revistas? –continuou atacándoo Carlos--.
¿Non disías que eras todo imaxinasión?
--E
é así. Case non miro pas fotos; o que me pon cachondo é a letra. Ler non fai
mal a nadie... ¿ou fai?
--¡Miña
xoia...! –exclamou Carlos simulando unha profunda compaixón--... O meniño taba
aprendendo as letras cunha revista porno pa sacar o ghraduado escolare... ¡Que
bo é! ¡Que ben nos enghana!
--¿E
dispois de explicárllelo ós polisías, non chas devolveron, Llou? –preguntou
Lito, abrindo outra liña na fronte de batalla.
--¡Pero
deixade rematar ó chaval! --Protestou Selo--. Ides faser que marche pó camarote
e acabouse a diversión. ¿E a noite do hospital como foi?
--Esa
foi a noite dispois de que me deixaran libre. ¡Mi madriña do Carme! ¡Menuda
collemos! Fomos a dar un raite pola
siudá e acabamos no XANADÚ, unha discoteca que non está lonxe do porto... ¡Mi
madriña do Carme, que pelotaso collemos! Foi tal a que armamos que, ó pouco de
entrar, non nos quixeron servir xa máis ghuisqui e, ás dúas horas, xa nos
largharan dunha patada no cu pa fóra. Aínda así, borrachiños como estabamos,
nós erre que erre que queriamos beber máis e máis; un mirou un deses súperes
que non pechan en toda a noite... e alí fomos comprar un par de botellas.
Alcohol non se miraba, alcohol do bo, refírome: ghuisqui, vodka, xinebra...
diso nada. O único que había era desa bebeduría fedorenta de licor de coco: o
MALIBÚ. ¡Hostias! A min non me laiquea,
pero non habendo outra cousa... ¡Mi madriña do Carme! Empesamos a pifar seghido
da botella a morro; un pasáballa ó outro... e ata había un que disía que taba
bo e todo. ¡Mira como estaríamos! !Que pámpanos! Pero eu notinlle un aquel
raro, quedábache un sabor na boca así... Non sei. E arriaba un cheiro. Cando me
chegha de novo a botella, branquiña toda ela, coas súas palmeiriñas na etiqueta
e todo, e a miro ben de serca pa ler as letras... ¡Mi madriña do Carme!...
¡Champú de coco! Fóisenos a borrachera de inmediato, paramos un taxi e saímos
ghaseados pó hospital. ¡Toda a noite botín alí cheíño de tuberías, faséndome
lavados! ¡Mecaghiná! ¡Que mal o pasín!”
Barros,
Jacobo: “Os ausentes de Casteltón”