Fina
“Fina tiña un don. Dende moi lonxe chegaban homes e mulleres a consultarlle os múltiples problemas cotiáns. Cruzaban Ribademuros e chegaba á súa aldea, Casal do Rei, onde ela sempre estaba disposta a recibilos.
Falaba moi pouco. Só os escoitaba, escudada tras as súas grandes lentes de pasta, cun asomo de sorriso nos beizos. Cando remataban de expoñer os seus problemas, ás veces un pouco antes, xa caían na conta do que tiñan que facer. Quedaban espidos diante dela. Observando o seu rostro amable e, conforme ían falando, notaban como lles facía ver os autoenganos e as maldades internas que os enleaban.
Daban as grazas, ás veces deixaban algún agasallo, e marchaban”
Antón Campelo: “A dorna de Tambo e outras narracións”