TESTAMENTO DE 1476
Ano do nacimento de noso Señor Jesucristo de mill quatrocentos e setenta e seis
anos a nove días do mes de nobembre – Saban todos como Eu Alfonso ¿.......?
de Moaña Jacendo doente de dolor e enfermedade qual Deus tebo por ben
de me dar e con todo meu siso e entendemento faio e outorgo miña manda
e miña postrimeira bontade = Ytem primeiramente mando miña Alma
ao meu Señor Jesucristo que a comprou e remeu polo seu santo sangre Justo
precioso e rogo a señora Santa María sua madre con todos los Santos
e Santas da gloria do Parayzo que le queiran por min rogar que cando me
deste mundo for que me leve a miña alma á sua Santa Gloria do
Parayzo Amen = Ytem mando que as miñas carnes pecadoras sejan
enterradas na Ygrexa de San Martiño de Moaña ante a capela de san
Bernardino.
Ytem mando á dita ygrexa de Moaña veinte maravedís cada año por sempre
por meus bens.
Ytem mando o clerigo ¿..........? da dita Ygrexa dose maravedis
Ytem mando que digan cada un ano dose missas na Capela de san
Bernardino a honra dos dose Apostoles asquayz digan as seis por
¿........? de Natal, e as outras seis por ¿oytanas? de Pascua e mando que quando
as dixeren cada año que den de comer a dose pobres.
Ytem mando á miña moller quanto esta das portas adentro salvo
plata e diñeiros é mando que meus herdeiros é Cumplidores den
á dita miña moller cada año pan e viño aquele que viren que
cumpre para ajuda da sua mantença é segun Ja esta en outra miña
manda.
Ytem mando que den a Pedro Gonsales meu Criado seis centos maravedis
a miña parte das ovellas é das vacas é ¿...........? que Ja ten nomeados que ¿......?
¿..........?
Ytem le mando mays que ¿............? en sua vida ¿....?
Ytem mando a Ygnes nuñes moller de Juan de Cangas
Cento maravedis.
Ytem mando ao lume de San Martiño de Moaña para sempre
por meus vens un caramin de pan.
Ytem mando os de Lougares dosentos maravedis.
Ytem mando que meus vens que quedaren a tempo do meu finamento
que nunca sejan repartidos é que sejan sejetos á Capela de san Ber-
nardino porque se digan estas dose misas é den de comer a estos dose
pobres é que non possan seren partidos nen Vendidos nen empeñados
en ninhua maneyra é o que entrare e Recadare antes de se falecer
deyxe nomeado quen procure é Cumpra todo esto suso dito que seja
sempre é os teña en maos da linaxe en donde eles ven, é digan
estas dose missas suso ditas nestes días = é non cumpliendo esto todo suso dito
mando que meus vens se tornen ¿......? a Ygrexa do Apostolo Santiago
con tal Condicion que me digan en cada un año duas missas con dous
nomerarios ante o coro ó altar mayor cantadas.
Ytem mando faço é deixo por meus Cumpridores é facedores desta
miña manda a Juan ¿........? tesoureiro é a Pedro ¿.........? que á cumpran
é paguen por meus vens é les mando por seu traballo a cada un ¿seis? maravedis
e reboco é doy por ninhuna todas las outras mandas e Condicilios
que eu aja feito fasta aqui no valan salvo esta que agora fasso
é outorgo porante este notario é testigos de suso escriptos e aparto
todos los outros meus parentes con cinco saldos de boa moeda que no
ayan mays por meus vens é ¿....? esta miña manda que o que
contra ela for peite de pena para meus herdeiros e cumplidores dose
mill maravedis de moeda vella é a pena pagada ou non pagada esta miña
manda se firme é valedeira por sempre que foy feita é outorgada
á dita manda nas casas da sua morada ano mes y dias susoditos = testigos
que fueron presentes Ruy de Sima de Vila é Ruy douteiro é Pedro daldan
e Juan de Cangas é outros e Estevo Gonsales notario Jurado de terra
de morraço por la yglesia de santiago a todo esto que ¿.......? dito he = presentes ¿........?
Coas ditas testimoyñas e a que meu nome é signo pujen = en testimonio
de verdad que tal he = estevan Gonsales notario.
Libro de Fundaciones de San Martiño.